TV TIME

Join 10MM+ TV Lovers and Start Tracking!

Open in App

Kontakt - Über - Data & Insights - Articles - Podcasts - Entwickler - Datenschutz - Bedingungen
Danke

Foraxido
Televisión de Galicia
Román e Roque son agora socios, pero Evaristo non o sabe. O fillo de Fiúza e o home de María deci... Mehr Román e Roque son agora socios, pero Evaristo non o sabe. O fillo de Fiúza e o home de María decidiron asociarse para montar o seu propio negocio: un viveiro, un modo de vida propio para non ter que renderlle contas a ninguén e que para Román supón ademais a posibilidade de liberarse do peso que supón apelidarse Fiúza en Serramoura. Mentres, no cuartel, Tomás decidiu dar un paso máis na investigación do asasinato de Araceli Marín. O seu obxectivo é o xuíz instrutor do caso e indutor do asasinato da moza prostituta. Con todo, a Garda Civil ten un problema grave e o seu nome é Diego Bazán. O sarxento foi suspendido por Asuntos Internos e a investigación podería pór en perigo os dous casos en que traballou na vila: os de Mónica Triáns e Araceli Marín. Só hai dúas alternativas: conseguir o vídeo, en mans de dona Teresa, ou coller a Gonzalo antes de que chegue a Portugal. Este fuxiu do cárcere coa axuda de Santos e do xuíz que instrúe a súa causa. Na casa dos Fiúza, as cousas melloraron entre Evaristo e o seu fillo, do que agora se mostra moi orgulloso, tras a impresionante competición no monte da que ambos os dous foron protagonistas. Pero hai unha cousa que Evaristo aínda non puido resolver: a venda fraudulenta de varios dos seus camións, supostamente ordenada por Román.
  • 0
    kommentiere
  • 1
    Emotion
  • 2
    Stimmen für den besten Charakter

Warum ist dieser Bereich versteckt?

Wir warten bis du diese Episode als gesehen markiert hast, bevor wir Diskussionen, Bewertungen und spezielle Inhalte anzeigen... Im Falle von Spoilern!

Trotzdem anzeigen
laden