TV TIME

Join 10MM+ TV Lovers and Start Tracking!

Open in App
Condena
Televisión de Galicia
Roque ten que elixir entre a vida da súa filla e a da súa muller. Pero iso non é todo, xa que a p... Más Roque ten que elixir entre a vida da súa filla e a da súa muller. Pero iso non é todo, xa que a persoa que mantén secuestrada a Silvia quere que María morra a mans do seu propio home. O matrimonio recibe a mensaxe no peor momento posible. Os axentes aférranse á única pista que teñen. Nunha das comunicacións co secuestrador, parece escoitarse un leve ruído de motoserras e unha árbore caendo. Unha única vía de investigación e dous modos moi distintos de traballar: por un lado, o da sarxento Inés Carro, e polo outro o de todos os axentes de Serramoura. Gloria busca agora un medio para gañar a vida. O seu enfrontamento co seu ex marido pechoulle todas as portas da localidade, salvo a do serradoiro de Santos. O peor inimigo da súa ex parella podería converterse no seu mellor aliado.
cargando