TV TIME

Join 10MM+ TV Lovers and Start Tracking!

Open in App
Todo por nada
Televisión de Galicia
Román Fiúza ataca a Quique, o Garda Civil máis novo do cuartel, sen motivo aparente. O fillo de E... Más Román Fiúza ataca a Quique, o Garda Civil máis novo do cuartel, sen motivo aparente. O fillo de Evaristo xa está en prisión á espera de xuízo. Pero Quique sospeita que detrás do estraño e violento comportamento de Román atópase algo máis. Sabedor do que é capaz, teme o peor. Mentres, o caso do asasinato de Álex deu un xiro inesperado: Pepe, o sancristán de don Amancio, confesou o asasinato da moza, pero aos axentes do tenente Penedo hai algo que non lles cadra na súa historia e cren que se trata dunha cortina de fume. Están convencidos de que Pepe encobre ao verdadeiro asasino da sobriña de Marga. Por outro lado, deu comezo a campaña electoral en Serramoura e fíxoo con senllas campañas de descrédito cruzadas entre os dous candidatos: Evaristo Fiúza e Rogelio Fidalgo. O que non imaxinan os protagonistas é que algúns dos seus poderían non ser tan fieis como eles imaxinan.
cargando