TV TIME

Join 10MM+ TV Lovers and Start Tracking!

Open in App
Contar ata cen
Televisión de Galicia
Os accidentes laborais no monte son demasiado frecuentes, pero atopar un cadáver, o dun cuadrilleir... Más Os accidentes laborais no monte son demasiado frecuentes, pero atopar un cadáver, o dun cuadrilleiro ilegal esmagado por unha árbore, xa non é tan habitual. Por iso, a primeira hipótese que manexan Marga e Diego é a do homicidio. A cousa complícase cando os investigadores se decatan de que o corpo apareceu nos montes da parroquia, xestionados por don Amancio e traballados por Santos. Contra todo prognóstico, Evaristo é o novo alcalde de Serramoura e unha das primeiras medidas que vai tomar será a de revisar todos os caixóns do Concello. O novo rexedor quere poñerse ao día sobre as cuestións máis importantes para o seu municipio. Para iso terá que contar coa colaboración dos funcionarios, que non llo van poñer nada doado. O recibimento por parte dos empregados non vai ser bo, xa que consideran que hai certos asuntos que é mellor non remover. Exactamente, os asuntos que Evaristo quere remover. O seu obxectivo é levar por diante a Rogelio e a dona Teresa. Mentres tanto, Hugo e Pancho están moi ocupados tratando de facer negocios ás costas de Evaristo. Pola súa parte, Martín, o sobriño de Teresa Soutelo, parece estar interesado en Raquel, algo que non lle fará demasiada graza ao seu ex-marido.
cargando