TV TIME

Join 10MM+ TV Lovers and Start Tracking!

Open in App

Contacto - Sobre - Data & Insights - Articles - Podcasts - Developers - Privacy Policy - Termos
Obrigado

A testemunha
Televisión de Galicia
Nesta ocasión, Santos quere o serradoiro dos Soutelo. Ante a negativa de dona Teresa para asociarse... Mais Nesta ocasión, Santos quere o serradoiro dos Soutelo. Ante a negativa de dona Teresa para asociarse con el, non lle quedou outra opción de cambiar de estratexia. Usará os contactos que ten no cárcere para presionar a dona Teresa onde máis lle doe: o seu fillo Gonzalo. O negocio dos Fiúza tampouco parece discorrer polos camiños habituais. Román fíxose cargo, moi responsablemente, dos asuntos do seu pai. Pero o que descoñece o descendente dos Fiúza é ata onde pode chegar a capacidade de manipulación da súa madrasta Gloria. Mentres, a Garda Civil continúa inmersa na investigación do asasinato de Araceli. A muller desaparecida do escenario do crime xa foi identificada. Trátase de Sara, a irmá díscola de Luz, a camareira da taberna. Neste contexto, unha nova parella chega a Serramoura para quedar. Trátase do matrimonio formado por María e Roque. Ela, amiga da infancia de Evaristo; el, o mellor cortador profesional dos arredores. Ambos os dous non tardarán en atopar o seu lugar en Serramoura. Un lugar que espertará vellos rancores e tamén vellos amores.
a carregar